viernes, 14 de febrero de 2014

martes, 11 de febrero de 2014

O equipo lucense “San Xorxe” gañadores da I Supercopa Galega

I Supercopa Galega de Caza de Raposo desputada en Portomarín

O pasado sábado 8 de febreiro tivo lugar a celebración da I Supercopa Galega de Caza de Raposo, anteriormente Copa España, que se disputou na comarca de Portomarín, estando organizada pola Federación Galega de Caza e coa colaboración de un total de 18 Sociedades de Caza da zona.
Neste Supercopa tomaron saída un total de 52 cuadrillas de caza chegadas de diferentes puntos das catro provincias galega e que durante a maña tentaron dar caza ao raposo.
A xornada transcorreu sen imprevistos e o número de raposos avistados e capturados foi moi destacado apesares de estar a competición moi influenciada pola adversidade climática que asola Galicia nestes derradeiros días.
Foi o equipo lucense “San Xorxe” o que chegou o control con un total de 3 raposos machos, feito este que lle reportou o primeiro posto da clasificación xeral e os converteu nos Campións desta I Supercopa Galega de Caza de Raposo. Co mesmo número de raposos pero con 1 macho e 2 femias, situábase en segunda posición o equipo chegado da provincia de Pontevedra “Rías Baixas 1”.


Xa en terceira posición, e por sorteo, situouse o equipo pontevedrés “Os Colegas” con dous raposos abatidos.


Unha vez pechado o control, cazadores, guías, xuíces, organización e autoridades gozaron dun xantar de irmandade no que se congregaron máis de 600 comensais. Entre as autoridades alí presentes atopábase o vicepresidente da FGC José Luis Valcárcel Yáñez, os presidentes provinciais da FGC de Lugo e Pontevedra, Francisco López Penelas e Francisco Couselo Castiñeira respectivamente, Ramón Rodríguez Cobas, delegado da competición de Raposo da FGC, o alcalde de Portomarín Juan Serrano e o representante da Subdelegación do Goberno en Lugo Roberto Raposo. Foi a entrega de premios a que puxo o punto e final a esta I Supercopa de Caza de Raposo e que dalgún xeito puxo o colofón a tempada de caza 2013/2014 en Galicia.

Fonte: Federación Galega de Caza

miércoles, 29 de enero de 2014

Campionato Galego de Caza de Raposo

RAPOSO
O equipo “Doble Cero” proclamouse Campión Galego
XIX Campionato Galego de Caza de Raposo
O pasado sábado 18 de xaneiro tivo lugar nas localidades coruñesas de Brión e Ames a décimo novena edición do Campionato Galego de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración das Sociedades de Caza de Altamira de Brión e Azor de Ames.
Á proba acudiron un total de 14 equipos clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais máis o equipo “Río Ulla 1”, campión da edición anterior.
A xornada cinexética foi transcorrendo sen imprevistos e o bo tempo acompañou durante a primeira parte da mañá ata os derradeiros compases da proba na que a choiva fixo acto de presenza. A partir das 13:30 os equipos foron facendo a súa entrada en control e o equipo veterinario alí presente analizaba as capturas.
Foi o equipo “Doble Cero” o que con dúas capturas (1 macho e 1 femia) e, despois de resultar afortunado no sorteo, proclamábase Campión Galego de Caza de Raposo. O segundo posto era para o equipo lucense “Os de Cela” con tamén dúas capturas (1 macho e 1 femia). O terceiro posto recaía no equipo “A Raposa Vella” chegado de A Coruña cunha captura (1 macho).
O xantar de irmandade e entrega de premios congregou a tódolos participantes, guías, xuíces, organización, representantes federativos e autoridades. Entre as autoridades atopábanse Santiago Amor Gallego, alcalde do concello de Ames, Pedro Nieto, representante da FGC en A Coruña, Francisco Couselo Castiñeira, presidente da FGC en Pontevedra, Manuel Pérez Requejo, tesoureiro da FGC, o delegado da competición de raposo da FGC, Manuel Rodríguez Cobas e o presidente da FGC Javier Nogueira Diz.







Fuente: FGC

XIII Edición de las Escuelas de pesca del Club Salmo




Pincha en la imagen para mas información

lunes, 2 de diciembre de 2013

Manuel Saa continurá en la presidencia De la Federación Provincial de A Coruña

La alta participación mostró una Federación muy viva y implicada con el futuro de la caza
El pasado viernes 29 de noviembre, tenía lugar en el Hotel Punta del Este, situado en el ayuntamiento coruñés de Carballo, la asamblea de votaciones para la elección a la presidencia de la FGC de A Coruña.
A las 20:30 horas en segunda convocatoria, daba comienzo dicha asamblea de votaciones que, sen lugar a dudas, reflejó el interés y la viveza que tienen los cazadores y sociedades de caza coruñesas por el futuro de la institución federativa. Un 80% de participación no hace otra cosa más que demostrar que, independientemente del candidato elegido, esta asamblea de votaciones fue un éxito para la caza y la Federación de A Coruña.
Comenzaba la asamblea con la presentación y exposición del programa de los dos candidatos. En primer lugar era el turno del candidato José María Álvarez Villar, cazador, juez, presidente de la Sociedad de Caza de Coristanco y persona muy vinculada al ente federativo desde hace años. A continuación intervenía Manuel Saa Casariego, presidente de la FGC en A Coruña en las dos anteriores legislaturas.
Con un salón abarrotado de asambleistas comenzaban las votaciones. Hasta un total de 112 votantes ejercieron su derecho al voto, siendo informados por el presidente de la mesa electoral, Ramón Rodríguez Cobas, de la validez de los 112 votos emitidos y la inexistencia de votos nulos, blancos y abstenciones.
Realizado el recuento, era Manuel Saa Casariego el que con 58 votos a favor, renovaba su cargo a presidente de la Federación Galega de Caza en A Coruña para la próxima legislatura, frente a los 54 votos logrados por su compañero José María Álvarez Villar.
Un apretón de manos entre los dos candidatos sellaba el deseo de un prospero futuro de la FGC en A Coruña al mismo tiempo que ponía el colofón a esta asamblea de votaciones. Al termino de la asamblea, el presidente de la Federación Galega de Caza, Javier Nogueira Diz, se dirigía a los asistentes para destacar y felicitar a los dos candidatos así como a todos los asambleistas, que con su presencia mostraron el enorme interés por el futuro de la Federación y de la Caza en A Coruña. 



O LUCENSE MANUEL PÉREZ LOPEZ GAÑA O AUTONÓMICO DE ARCEAS EN OURENSE




Baixo a organización da Federación Galega, que contou coa colaboración da Federación Galega de Caza de Ourense e maila da Sociedade anfitrioa, o pasado sábado (30 de novembro), nunha mañá moi fría, con gran ambiente e exquisita deportividade, disputábase no magnifico Tecor de Os Blancos (Ourense) a XVIII Final do Campionato Galego de Caza de Arcea.

O exercicio comezou  ás 9 da mañá para rematar ás 3 da tarde e a cita acudiron os  21 mellores cazadores da modalidade previamente clasificados nos respectivos “provinciais”, mailo campión da pasada edición. Un total de 22 deportistas que nas seis horas de exercicio levantaron 27 arceas, efectuaron 14 disparos e capturaron 8 exemplares.

O lucense Manuel Pérez López (Sociedade O Saviñao), e os ourensán Xosé Carlos Otero Pérez (Sociedade Pena Maior de Piñor) e Artemio Formoso Barrio (Sociedade San Trocado-Cidade), os tres con un par de arceas no seu haber cada un, foron os que subiron o podio dos campións. Clasificación que se decidiu pola orde de entrada no posto de avituallamento e control.
Seguíronlles en méritos o coruñés Ramiro Lamas Vilanova (Tordoia) e o pontevedrés Gustavo Alonso Rodríguez. (Gondomarense), con un exemplar cazado, respectivamente, cada un.


Un xantar de confraternidade, a entrega de trofeos e a proclamación dos campións,  puxo o punto de remate a un evento autonómico no que todo saíu a pedir de boca, sendo felicitada reiteradamente a organización polo bo facer  e muy celebrado o escenario escollido a tal fin. O Presidente Galego, Nogueira Diz, presidiu tódolos actos programados, estando acompañado polo seu homónimo en Ourense, Antonio García Reinoso, así como polo responsable do tecor, Alfonso García  Rodríguez, ademais de outros federativos e directivos sociais.

martes, 19 de noviembre de 2013

Tarifas Licencias Caza y Pesca Galicia

Enlace a pdf con las tarifas de licencias de caza y pesca en galicia
(pincha en la imagen)